jueves, 21 de noviembre de 2019

Sistemas de diálogo e chatbots


DESCUBRINDO OS SISTEMAS DE DIÁLOGO



Las máquinas inteligentes imitan las funciones cognitivas de los humanos.
Hoxe en día, grazas aos avances da tecnoloxía e da intelixencia artificial, é posible realizar cousas que ata hai uns anos eran impensables. A intelixencia artificial defínese como a capacidade dun sistema para interpretar datos, aprender deles e, a partir diso, realizar tarefas concretas que se consideran propias da intelixencia humana. A intelixencia artificial está presente, por ejemplo, nos sistemas de diálogo, que é no que me vou centrar nesta entrada.

Actualmente, hai dous tipos de sistemas de diálogo: os asistentes de diálogo orientados por tarefas e os chatbots.

Os axentes de diálogo orientados por tarefas, como o nome indica, están deseñados para realizar tarefas específicas que solicitan as persoas. Dentro da categoría dos asistentes virtuais pódense distinguir dous tipos: 


Os asistentes implantados en sitios web por empresas e institucións dirixidos a atopar información, responder preguntas ou resolver problemas de diferentes usuarios. Neste caso, estes sistemas só están orientados a resolver cuestións relacionadas co seu dominio e contan cun número de respostas bastante limitado. Non poden manter unha conversa normal, como ocurre noutros casos.

Exemplo de Irene da Renfe: https://consulta.renfe.com/irene/main#

Os asistentes incorporados nos móbiles ou en controladores domésticos como o Siri ou Alexa, orientados a tarefas máis versátiles controlar electrodomésticos ou enviar textos, entre outras cousas.


Resultado de imagen de alexaResultado de imagen de siri



Por outra banda, atópanse os chatbots


Resultado de imagen de chatbots



¿En qué consisten estes sistemas?


Os chatbots son programas ou sistemas de diálogo que, mediante o uso da intelixencia artificial, están configurados para manter conversas prolongadas imitando as interaccións das persoas normais, frecuentemente co fin de proporcionar entretemento en vez de realizar tarefas específicas, como ocurre nos casos anteriores. As conversas soen darse mediante texto, aínda que hai modelos que dispoñen dunha interface de usuario multimedia. Estes programas tamén teñen as súas limitacións, xa que é difícil que un bot poida manter unha conversa como as que teñen os seres humanos.

Entre os chatbots podemos atopar varios tipos:

Mitsuku: Identifícase como unha rapaza de Inglaterra que contén tódolos patróns AIML de pregunta-resposta determinados polo sistema. Link: http://www.square-bear.co.uk/mitsuku/chat.htm

Eliza: un dos programas pioneiros en procesar a linguaxe natural. Este bot actúa como un psicoterapeuta e foi orixinalmente creado para mostrar a superficialidade da comunicación entre o home e a máquina. Link: http://manifestation.com/neurotoys/eliza.php3/

Exemplo de conversa con Eliza

 Resultado de imagen de conversation bot eliza"

Evie (Cleverbot): https://www.eviebot.com/en/

Estes e outros chatbots foron sometidos ao Test de Turing, que se trata dun experimento que surxiu en base a unha pregunta que se fixo Alan Turing en relación a se as máquinas tiñan a capacidade de pensar e a intelixencia dos humanos. A partir diso, suxiriu o que se coñece como "xogo de imitación" co fin de comprobar en qué medida unha máquina é similar a un ser humano. O obxectivo do Test de Turing é demostrar se as persoas son capaces de identificar se están falando cunha máquina ou con outro ser humano mediante unha serie de interaccións. Turing estimou que no futuro as máquinas acabarían pasando a proba.

Estímase que no futuro a produción e o uso dos bots medre notablemente pola súa utilidade á hora de dar información rápida sobre calquera asunto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario